Lingua de sinais de Providencia Provisle | ||
---|---|---|
Utilizado en: | ![]() | |
Total de usuarios: | 19 xordos (1986) Coñecida pola maioría da poboación da illa. | |
Familia: | Providencia–Cayman?[1] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
ISO 639-3: | prz
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua de sinais da Illa de providencia (tamén coñecida como Provisle) é unha lingua de sinais utilizada na comunidade xorda da pequena illa de Providencia, no oeste do mar Caribe. A illa ten arredor de 5 000 habitantes, entre os cales existe unha infrecuente proporción de xordos (5 de cada 1 000).[2]
Crese que a lingua de sinais xurdiu a finais do século XIX ou comezos do XX. Os estudos sociolóxicos suxeriron que as persoas xordas na illa son consideradas como inferiores en canto a habilidade mental; as persoas oíntes non falan con eles sobre ideas complexas e mantéñennas nunha posición social marxinal. Se cadra esta é a razón pola cal a lingua de sinais de Providencia é máis sinxela en comparanza con outras linguas de sinais. Outra posibilidade do estado da lingua é que poucas persoas xordas se comunican de maneira directa, o que significa que case todos os sinais está mediados pola poboación oínte.[3]